|
|
Nas últimas semanas vimos asistindo a diversas de declaracións do
Alcalde Bugallo e do novo concelleiro de Tráfico Carlos Nieves
definindo á bicicleta como "estratéxica" no futuro da mobilidade en
Compostela, anunciando un servizo de préstamo de bicis ou animando aos
alumnos dos institutos a empregar a bicicleta. Verdegaia acolle con
satisfacción esta suposta nova liña de traballo do Concello máis
entende que adoece dunha planificación axeitada e participativa, o que
ofrece moitas dúbidas sobre o seu alcance.
|
|
Ler máis...
|
|
|
En New York o teñen claro, a concellaría de transporte ven de
substituir en Williamsburg un espazo reservado para aparcar coches por
outro para aparcar bicicletas. En concreto 30 bicicletas poderán ser
aparcadas onde antes tan só cabían 3 coches.
E senón o credes, aqui vai o video: Trading Car Parking for Bike Racks
Eu estou pensando en moitas ubicacións das nosas cidades onde poderiamos levar a cabo esta medida. Eu cambio, e ti?
|
|
O Concello de A Coruña, coa colaboración da Asociación Profesional de Guías Turísticos de Galicia puxo en marcha as visitas á cidade en bici. Un percorrido pola fachada marítima da cidade, desde a Dársena da Mariña ata o elevador ao Monte de San Pedro, utilizando o carril-bici e visualizando os elementos arquitectónicos e ambientais urbanos como as Galerías, Castelo de San Antón, Portas da Cidade, Torre de Hércules e Parque Celta, Aquarium Finisterrae, Domus, Orzán, Riazor, ou Obelisco do Milenio. As rutas son gratuítas e dirixidas por un guía que realiza as interpretacións e comentarios dos diferentes puntos do itinerario.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Son os coches a solución para o cambio climático? Podemos estar
tranquilos e confiados en mans da indústria automobilística? O próprio
sistema que crea un problema é a máxica solución ao mesmo? Fiámonos do
que fagan os nosos governantes ou debemos exixir e vixiar as suas
actuacións?
|
|
Ler máis...
|
|
|
O vindeiro venres 23 de Novembro as 18:00 celebrarase a primeira Masa Critica de Ferrol, partindo de Porta Nova. Posteriormente, ás 20:00 haberá unha charla sobre mobilidade , a bicicleta como medio
de transporte, impartida por membros de Masa Critica Coruña. A charla
será no Espazo Libertario (Avda. Esteiro nº10 baixo)
|
|
|
Un anuncio de coches... unha realidade. Ás veces cómpre reflexionar sobre o que temos diante, a realidade está aí e espera para que a vexamos tal e como é.
|
|
|
|
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>
|
| Resultados 92 - 104 de 129 |