Skip to content

Bicis.info

O Concello de Lugo refundirá as distintas normas sobre o tráfico de bicicletas
A Ordenanza Xeral de Policía (1991) establece que as bicicletas, como os demais vehículos, deben circular pola calzada e non poden facelo por vías nas que está prohibido o tráfico rodado. Iso dio a citada norma, pero a Ordenanza de Protección Ambiental (1995) determina que os citados vehículos poden circular por «paseos, parques e xardíns sen necesidade de autorización expresa, sempre que a afluencia de público ou permita e non causen molestias aos demais usuarios dá zona verde, e naquelas zonas sinaladas especificamente para ese efecto». A velocidade máxima permitida en tales zonas é de 10 quilómetros por hora. Le o resto da nova en La Voz de Galicia
 
Video da Masa Crítica de Salamanca
 
O coche na cidade é un erro histórico do urbanismo con pouco futuro

Alfonso Sanz, experto en mobilidade sostible: "O uso do coche, tal e como se entende hoxe nas cidades, é un erro histórico do urbanismo, que non ten futuro. É un vehículo demasiado grande, ocupa demasiado espacio, é demasiado veloz a efectos da cidade, e non está adaptado a unha circulación urbana. Continúa a chamarse turismo e iso indica claramente o enfoque co que se deseñou e segue deseñándose: desprazamentos de tipo interurbano. Pervertéronse as súas funcións meténdoo na cidade, onde mal encaixa".

Le a entrevista completa AQUI (Diario Vasco).

 
IV Semana Europeia de Cicloturismo

Entre 6 e 12 de xullo de 2008 o concello de Sesimbra (a 30 km de Lisboa) vai ser o ponto de encontro de cicloturistas de todo o mundo, no ámbito da IV Semana Europea de Cicloturismo da U.E.C.T., organizada pelo Núcleo Cicloturista de Sesimbra e pola Federação Portuguesa de Cicloturismo e Utilizadores de Bicicleta (FPCUB).

Máis información: IV Semana Europeia de Cicloturismo (inscripcións, aloxamento, rutas, etc)

 
Aficionados de Lugo piden medios axeitados para circular en bicicleta
Salientan que fai anos na cidade existía un segundo carril bici e había máis aparcadoiros para velocípedos. Le a nova completa en La Voz de Galicia
 
Londres planea investir 400 millóns de libras en infraestruturas para bicicletas

O obxectivo e aumentar un 400% o uso da bicicleta para o ano 2025. O proxecto máis destacado deste plano de investimento é a construción de 12 "autoestradas da bicicleta". Estas autoestradas ligarán áreas residenciais populares tales como Hackney, Clapham e Kilburn ao centro de cidade. As rutas baséanse nun estudo realizado polo concello durante doce meses sobre os camiños máis usados xa polos ciclousuarios/as e contaran con viais anchos, cruces específicos e sinalización.

Le a nova en inglés 

 
Novo lugar de saida da MC Ferrol!
A partires da vindeira Masa Crítica do xoves 28 de febreiro a saída farase os últimos xoves de mes as 20:15 dende a Praza do Inferniño
 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>

Resultados 79 - 91 de 129

Publica en Bicis.Info

Se queres enviar unha foto, un texto, unha denuncia,  un artigo, unha ligazón ou calquera outro documento para colgar na web podes facelo escribindo ao Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver