Skip to content

Bicis.info

Un carril bici unirá Vigo e A Ramallosa (Nigrán)
O proxecto de construción dun paseo peonil e de bicicletas paralelo á estrada e ao longo de 16 quilómetros da costa obriga a expropiar máis de 400 parcelas entre Vigo e A Ramallosa (Nigrán). O Consello da Xunta deu luz verde onte ao proceso, que pretende tamén mellorar a seguridade da estrada (PO-325) substituíndo os cruces actuais por glorietas. O obxectivo é adaptala aos usos de curto percorrido e residenciais, evitando as manobras perigosas.
Ler máis...
 
Marcha Ciclonudista. A Coruña, 7 de xuño ás 12h en María Pita

Marcha Ciclonudista

Denunciamos que as nosas rúas foron secuestradas polo coche privado que colapsa as cidades dexenerándoas en lugares hostís e perigosos. O coche mata e a súa impunidade escandalízanos. Demasiados intereses de multinacionais belicistas do petróleo e do automóbil están en xogo se cuestionamos isto.

Chamamento Mundial. Sábado 7 de xuño de 2008. Espidos ante o tráfico, xustiza nas rúas.

 

Ler máis...
 
Ares disporá de cinco puntos para o aluguer de bicicletas
O Concello de Ares ten previsto estrear a comezos do próximo mes de xuño o seu novo servizo de aluguer de bicicletas, unha iniciativa que se anunciou xa para mediados do mes de abril, pero que se demorou, fundamentalmente, por complicacións para instalar os 22 puntos específicos nos que os usuarios poderán aparcar o vehículo, repartidos por todo o municipio.
Ler máis...
 
29 de MAIO, Masa Crítica en Ourense
cartel_masa_crtica_maio_2008.jpg
 
Aa situación da Bicicleta en España
Conbici a través dos grupos e asociacións de defensa da bicicleta existentes en moitas das cidades españolas, fai un seguimento e actualiza periodicamente a información sobre o papel da bicicleta como medio de transporte nas cidades máis importantes do país. A partir dun estudo subvencionado polo Ministerio de Fomento puido recompilar información dispersa sobre a situación da bicicleta nunhas 30 cidades españolas entre as que se atopan Vigo e Compostela. Podes acceder ao estudo aquí
 
Silleda promoverá o uso da bicicleta no centro urbano tras a proposta do IES Pintor Colmeiro
Un grupo de alumnos e profesores do IES Pintor Colmeiro, que formaron unha ecobrigada , propuxo ao Concello incentivar o usos da bicicleta como medio de transporte no municipio. O goberno local comprometeuse a promover unha campaña neste sentido e a colaborar nas marchas educativas dos grupos escolares con membros da Policía Local en bicicletas polas rúas silledenses
Ler máis...
 
Venres 2 de maio. Masa Crítica Coruña

Despois do grande éxito das 12 horas en bici do pasado 26 de abril, unha nova masa crítica recolle o testigo. Será o venres 2 de maio con saída ás oito da tarde da Praza de María Pita. Como noutras veces, a partir das sete da tarde (unha hora antes de partir a masa), haberá un curso práctico coa posta a punto ou pequenas reparacións das vosas bicis, o mestre Bruji resolverá todas as dúbidas.

O percorrido da masa será: María Pita, Rego de Auga, Fama, Mariña, Cantón Grande, Canton Pequeno, Sánchez Bregua, Linares Rivas, Menéndez Pelayo, Emilia Pardo Bazán, Arzobispo Lago, Juan Flórez, Camino Baixo, Federico Tapia, Plaza de Galicia, Rosalía de Castro, Francisco Mariño, Praza de Pontevedra, San Andrés, Cordonería, Panadeiras, Praza de España, San Juan, Fuente Seoane, Millán Astray, Baltasar Pardal, Costa de San Agustín, María Pita.

 Que é a masa crítica? - Masa Crítica (movemento social) na Galipedia

 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>

Resultados 66 - 78 de 129

Publica en Bicis.Info

Se queres enviar unha foto, un texto, unha denuncia,  un artigo, unha ligazón ou calquera outro documento para colgar na web podes facelo escribindo ao Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver