Skip to content

Bicis.info

Semana da mobilidade: promesas e máis promesas...

Fai dous anos, na semana da mobilidade 2006, foi noticia nos medios coruñeses un plan de Florencio Cardador que consistía en desprazar os bancos e deixar unha franxa de metro e medio. Na voz publicaron enografía e todo. No 2007, Nieves Váquez, sacou a luz a solución definitiva para acabar cos continuos conflitos entre peóns e ciclistas, tamén ía completar o carril bici, pero esta vez ía ser máis estreito e estaría todo engalanado cunha baldosa orixinal onde saia atorre de Hércules cunha silueta dunha bici ao seu carón.Esta solución, máis custosa e rebuscada, perdeuse no mesmo sitio que na anterior.

Terán valor de volver a sacar o tema ou irán pasarán soterradamente mirando para outro lado? Estamos moi atentos, coma sempre, e bastante fartos e fartas. A pregunta que nos facemos é: se non tendes intención de facelo, para que o anunciades?

Non obstante, aportaremos o noso gran de area facendo o día 20 un acto reivindicativo consistente en colocar globos cunha mensaxe polo tramo do paseo onde non hai carril. Quedaremos na praza de María Pita as 12 e logo dirixiremonos ao Espigón onde iniciaremos a inchada dos globos e a difusión da nosa reclamación. Invitaremos a todos os ciclistas e peóns fartos desta situación a inflar globos con nos a maneira de protesta e logo colocalos nas farolas do paseo e de máis mobiliario urbano. Invitamos a todo o mundo, peóns e ciclistas, que se anime a reclamar a ordenación deste tramo dunha vez por todas.

Vémonos o sábado 20 de setembro as 12 en María Pita e logo no paseo marítimo. Tamén quedades invidtados a facer o sinxelo exercicio de mirar nas hemerotecas un ano máis.

Ler máis...
 
Londres pon duchas aos ciclistas
Londres é unha cidade ao detalle e cando se propón levar a cabo un proxecto non deixa ningún floco colgando. Coa proposta "viaxa en bicicleta", as cousas non ían ser menos. Todo aquel que non empregase este medio de transporte pola molestia de chegar á oficina suorento xa pode utilizar outra escusa. Desde este mes de setembro as empresas habilitarán duchas para os seus empregados e no caso de que non teñan medios para facelo, os traballadores poderán desprazarse ata o hotel Holiday Inn máis próximo e utilizar alí as súas instalacións totalmente gratis. Aos empregados que opten por ir andando ou correndo á oficina ofreceranse as mesmas facilidades.
Ler máis...
 
Pontevedra dispón xa de 143 aparcadoiros para bicicletas en dezaseis puntos da cidade

O plan municipal para dotar a Pontevedra de aparcadoiros específicos para bicicletas chegou á súa ecuador. Segundo informaron onte fontes do Concello, dos 350 elementos de ancoraxe que se prevé instalar en 35 puntos de todo o centro urbano, xa están colocados 143 en dezaseis lugares. Le o resto da nova en La Voz

Ler máis...
 
A bici tamén é chic

 A bicicleta é un medio de transporte eficaz, san, útil, etc. Todo isto xa o sabiamos. Quizais moita xente se deixe levar por certos "mitos": lenta, non adecuada para países nos que chove, non adecuada para ir a traballar, pouco chic, ...

Pero cada mito atópase coa realidade que o desmonta. Quen diga que é lenta será porque non leu a Carreira de Medios feita na Coruña, quen diga que aqui non se pode usar porque chove está claro que non estivo en Holanda ou Alemaña, quen diga que non é serio ir a traballar en bici se nota que non paseou por Amsterdam ou Copenague cos seus impecables executivos chegando a traballar nas súas bicis, ...

E agora quen diga que non é chic será porque non viu a Brad Pitt e Angelina Jolie con toda a súa elegancia usando este medio de transporte. E se o fan eles é porque está de moda. Claro que, como sabemos, aqui as modas sempre tardan en chegar... ou cambiará esta vez?

 
Asina o manifesto da Masa Crítica lucense
A masa crítica lucense presenta o manifesto Por unha cidade máis limpa, humana e respectuosa co medio ambiente, co que pretenden recoller sinaturas de apoio para presentar diante da administración municipal.
Ler máis...
 
Medio Ambiente comeza a senda que unirá Laxe con Muros
A Costa da Morte contará cunha senda forestal, afastada do asfalto, de preto de 160 quilómetros de percorrido que unirá Laxe con Muros. As obras do primeiro tramo dese camiño -que coincide en case todo o seu percorrido co Camiño de Santiago- comezarán no mes de setembro e unirán as localidades de Muxía e Fisterra. A da Costa da Morte será un das catro rutas a través de sendas que se abrirán en Galicia dentro da denominada Rede de Camiños Naturais de Galicia, pensados para percorrer a pé, a cabalo ou en bici.
Ler máis...
 
A USC deseña unha ruta para bicicletas que une os campus da cidade
A Coordinación do Plan de Desenvolvemento Sostible, dependente da Vicerreitoría de Calidade e Planificación da Universidade de Santiago, deseñou unha ruta para bicicletas que une os campus de Santiago de Compostela, como unha acción máis co obxectivo final de promover o uso da bicicleta como alternativa de transporte máis ecolóxica e saudable para desprazarse na cidade.
Ler máis...
 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>

Resultados 53 - 65 de 129

Publica en Bicis.Info

Se queres enviar unha foto, un texto, unha denuncia,  un artigo, unha ligazón ou calquera outro documento para colgar na web podes facelo escribindo ao Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver