Skip to content

Bicis.info

Ciclo-Bibliotecas

ciclobiblioteca_20070511Unha vez máis, Xevale e Papaventos sorpréndenos coa súa creatividade na procura dun mundo máis consciente, solidario e xusto a través da bicicleta. Presentan a súa primeira eco-biblioteca itinerante que percorre centros escolares e que non verán instalarase en praias e piscinas co fin de promover o achegamento a bibliografía eco-solidaria como parte dunha sociedade mais comprometida co entorno. Próximamente porán en funcionamento outras dúas.  Máis información

 
A bici gaña adeptos como medio para ir ao traballo
En España crece o uso urbano da bicicleta. Un grupo de ciclistas fala de experiencias camiño da oficina. 

O mozo da empresa que a duras penas pode permitirse o billete do autobús comeza a contaxiar ao seu xefe, o que conduce un último modelo e aparca a uns metros do despacho. Xa non é estraño que ambos acudan ao traballo aforrando combustible, eludindo atascos, sen contaminar e, ademais, facendo exercicio. É dicir, pedaleando.

España non é Holanda, Bélxica ou Finlandia en iniciativas a favor da bicicleta, pero xorden propostas e apréciase un cambio de mentalidade. E se non, ¿que fai un servizo de préstamo de bicis na estación de Renfe de Fuencarral (Madrid)? Neste caso, trátase de convencer aos empregados dos parques empresariais Las Tablas e La Moraleja de que poden chegar aos seus postos, a uns tres quilómetros, sen subirse a un taxi ou ao autobús.

Ler máis...
 
Un milleiro de ciclistas pedalean a favor da candidatura de Ferrol como Patrimonio Mundial
Le a nova completa
 
12 horas en bici. S?bado 21 de abril na Coru?a

Masa Crítica Coruña organiza para o sábado 21 de abril as 12 horas en bici.

Unha marcha en bici, reivindicativa e festiva, cun percorrido circular no centro da cidade da Coruña (entre a Porta Real e a Praza de Ourense).

Entre ás 9:30h e as 21:30h. Pedalea con nós, achégate en calquera momento do percorrido e únete.

Somos tráfico e reclamamos o noso espazo na rúa ¡¡¡ Porque outro tipo de mobilidade é posible !!!

Tamén invitamos a tod*s *s ciclousuari*s de Galiza a participar desta festa. Unha excursionciña o sábado por Coruña seguro que sempre senta ben. Será moi divertido, poderemos falar e vernos as caras de novo ou por primeira vez, ...

12 horas en bici

Máis información no Foro de Masa Críticia Coruña e en bicis.info

 
ConBici rexeita a proposta de que os coches leven permanentemente acesas as luces
Fai uns días aprobouse no Senado unha moción do grupo socialista que insta ao Goberno a que realice as modificacións normativas necesarias para que sexa obrigatorio que os vehículos a motor circulen coas loces acesas tamén de día en estrada. A razón esgrimida para a posible implantación desta obrigatoriedade é a de que reduciría a sinistralidade. Sen embargo hai estudos que din que a devandita medida non ten vantaxes reais sobre a sinistralidade. Porén, si que consegue que outros usuarios das vías, como os viandantes e os ciclistas sexan menos visibles e, en consecuencia, sufran maior risco de accidente.
Ler máis...
 
Video da Masa Crítica Coruña "Especial Monte Alto"

Xa podedes disfrutar dun novo video da Masa Crítica Coruña. En concreto da última masa celebrada venres 2 de febreiro, Masa Crítica "Especial Monte Alto". Como previo á masa, celebrouse unha conferencia o mércores 31 na que se explicou a "Carreira de Medios" e se debatiu sobre a problemática da bicicleta na cidade e no barrio, e o venres a masa percorreo as rúas do barrio.

Foi a masa máis numerosa ata o dagora, chegando a máis de 80 persoas nalgúns momentos do percorrido. É a primeira masa especial barrios, que continuaremos celebrando durante os seguintes meses na Coruña.

Aquí tedes o video: 2007 02 Masa Critica Coruña

 
Circular coas luces sempre acesas

O grupo socialista no Senado ten a intención de presentar nos próximos días unha moción ao Goberno para que sexa obrigatorio circular coas luces acesas en estrada para calquera vehículo a motor.

Aparte das consideracións ecolóxicas do que esto supón e a dubidosa efectividade real da norma (sobre todo comparándoa con outras medidas como reducir a velocidade máxima ou fomentar o uso de transportes alternativos), esta medida faría aos ciclistas todavía menos visibles, co conseguinte aumento do risco de circulación.

Análise da noticia en Ecologistas en Acción: Circular con las luces encendidas

 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>

Resultados 118 - 129 de 129

Publica en Bicis.Info

Se queres enviar unha foto, un texto, unha denuncia,  un artigo, unha ligazón ou calquera outro documento para colgar na web podes facelo escribindo ao Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver