Skip to content

Bicis.info

Inicio arrow Roteiros e viaxes arrow Obxectivo EuroVelo: 70.000 km de rutas en bicicleta sen parar
Obxectivo EuroVelo: 70.000 km de rutas en bicicleta sen parar PDF Imprimir Correo-e
"EuroVelo, a rede de vías ciclistas de longa distancia, debe incluirse na rede TEN-T ”. O pasado 15 de decembro, o Parlamento Europeo aprobou este mandato nunha resposta non lexislativa ao Libro branco do Transporte da Comisión Europea, reafirmando o voto acontecido en novembro dentro da Comisión de Transporte e Turismo.  "En 1995 tivemos a idea de desenvolver unha rede ciclista europea que debería rematarse no 2020. "Con esta esixencia aprobada polo parlamento Europea, esta idea ten dado un gran paso adiante para se converter en realidade" afirma  Bernhard Ensink, Secretario Xeral da European Cyclist Federation

Porque é importante a TEN-T para Eurovelo?

TENT-T é un programa desenvolvido pola Dirección Xeral de Transporte da UE co obxectivo de apoiar o desenvolvemento de infraestruturas de transporte trans-europeas consideradas de importancia estratéxica pola UE. ECF estima que finalizar as 14 rutas da rede EuroVel, totalizando 70.000 km aproximadamente custarían arredor de 1500 millóns de euros, moi razoable se a comparamoscos 5.000 millóns de euros de ingresos estimados unha vez que esté en funcionamento a rede completa

Fonte: http://www.ecf.com/news/70000-kms-of-non-stop-cycling-routes-and-a-greener-cleaner-future-for-transport/

Mais info: 

http://www.ecf.com

http://www.eurovelo.org/

 

would spend along the EuroVelo routes when it is complete.

 
< Ant.   Seg. >