|
Oliveira fará descontos á comunidade universitaria para adquirir bicicletas |
|
|
|
|
A Universidade de Santiago asinou un convenio con empresas
subministradoras de bicicletas co obxectivo de que os membros da
comunidade universitaria benefíciense de descontos á hora de adquirir
unha bici. En Compostela, a empresa que subscribiu o convenio é
Bicicletas Oliveira, situada en Conxo.
Así, todos os interesados en facerse cunha bici deberán achegarse á
tenda e presentar o cartón universitario como acreditación para acceder
á rebaixa. Ademais, o convenio inclúe a compra de material
complementario para os ciclistas, a adquisición de pezas de bicicletas
e a man de obra nas reparacións.
|