| O pasado 28 de outubro celebrouse unha nova Masa Crítica polas rúas de Compostela |
|
|
|
|
O pasado 28 de outubro celebrouse unha nova Masa Crítica polas rúas da cidade saíndo da
Praza Roxa, en total perto de 20 ciclistas asistimos para disfrutar dun
agradable paseo por Santiago nunha noite preciosa e cunha moi boa
temperatura; a metade de percorrido fixemos unha foto de grupo no
Obradoiro (a cal está adxuntada nesta mensaxe). Posteriormente
xuntaríase algunha xente máis polo camiño, rematando a marcha na Porta
do Camiño, aínda que despois a xente que quixo foi tomar algo ó
Candinga, como ven sendo tradición. Esperemos que pouco a pouco sexamos máis e que non decaia o ánimo! Comentádeo á xente que use a bici de xeito habitual ou de xeito esporádico, é unha boa maneira de que se enganchen ás dúas rodas. Adiante e vémonos na seguinte Masa que terá lugar o 25 de novembro! (20:30 Praza Roxa)
|
| Seg. > |
|---|
| MC A Coruña |
| MC Compostela |
| MC Ferrol |
| MC Lugo |
| MC Ponteareas |
| MC Ourense |
| MC Vigo |
Se queres enviar unha foto, un texto, unha denuncia, un artigo, unha ligazón ou calquera outro documento para colgar na web podes facelo escribindo ao Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver .