| III Masa Crítica Galega - 19 setembro, Lugo |
|
|
|
Por terceiro ano consecutivo celébrase a Masa Crítica Galega, pero...Que é a Masa Crítica? Trátase dunha "coincidencia organizada" de ciclousuarias/os que realizan un paseo colectivo pola cidade. Deste xeito preténdese visibilizar o uso da bicicleta como medio de transporte, animando ao seu uso e reclamando medidas para promocionar este medio de transporte. Porque galega? O movemento da masa crítica naceu en San Francisco en 1992, e desde fai anos celébrase en diferentes cidades galegas. A celebración desta masa crítica galega con periodicidade anual pretende axuntar esforzos, poñer en contacto as/os diferentes cicloususarias/os, reclamar infraestruturas de comunicación entre as diferentes poboacións, intermodalidade con outros medios de transporte, etc. E tamén vivir unha experiencia única coa posibilidade de unir diversión e reivindicación, que é o motor das masas críticas en todo o mundo. Cando? A masa crítica celébrase en Lugo o sábado 19 de setembro de 2009 ás 17h, con saída da Praza Maior. Pero durante todo o día haberá actividades paralelas, convocándose ás 11:30h tamén na Praza Maior a todas as persoas que queiran participar. Tamén haberá a posibilidade de acudir desde outras partes de Galicia, en Coruña organízase unha ruta para chegar en bici a Lugo, e para quen veña de fora (organizadamente ou pola súa conta) haberá un Pavillón na cidade para durmir. Anímate a participar desde evento único! Porque a bicicleta é o futuro! Usa a bici! Resumo de actividades:
11:30h - Praza Maior: Comezo de actividades Acontecemento no Facebook: III Masa Crítica Galega |
| < Ant. | Seg. > |
|---|
| MC A Coruña |
| MC Compostela |
| MC Ferrol |
| MC Lugo |
| MC Ponteareas |
| MC Ourense |
| MC Vigo |
Se queres enviar unha foto, un texto, unha denuncia, un artigo, unha ligazón ou calquera outro documento para colgar na web podes facelo escribindo ao Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver .