Novas xerais
III Carreira de Medios | III Carreira de Medios |
|
|
|
|
Ante a necesidade comprender mellor a mobilidade das cidades en que vivimos, un grupo de cidadáns realizou 3ª Carreira de Medios de Transporte polas rúas da Coruña. O estudo comparativo realizouse o pasado mércores 18 de Setembro entre as 11:00 e as 13:00 horas facendo uso dos diferentes medios de transporte dispoñibles na cidade, sendo estes: coche, moto, taxi, bus, bicicleta e a pé.
Esta iniciativa non pretende ser concluínte, xa que de repetir noutro momento ou con outras persoas o mesmo percorrido non se obterían os mesmos resultados, pero se pretende ser un elemento de reflexión ao establecer unhas condicións facilmente reproducibles por calquera cidadán que pretenda facer dúas xestións calquera na cidade un día calquera. Establécense tres puntos distantes entre 2 e 3 km, con perfís diferentes (subida, baixada, e chairo) e sendo o usuario quen decida sobre a marcha o percorrido máis eficaz e cumprindo as normativas establecidas para cada medio. Nesta 3ª ocasión os itinerarios escolleitos son: María Pita - Mercado dás Conchiñas - Centro de Saúde Federico Tapia - María Pita.
Preténdese que esta proba axude a reflexionar sobre o uso que facemos do espazo publico da cidade analizando o impacto que xera a elección dun medio ou outro, tendo en conta tempos, custos, desprazamentos; e incitando a que calquera grupo de persoas poida realizar este mesmo estudo en calquera outro momento e lugar, e que as administracións pertinentes tomen boa nota e apliquen este e outros estudos á súa planificación. Nota: Custos: Desprazamento + Aparcadoiro + Amortización. Percorridos: Ata vehículo + Espera + Traxecto + Buscar aparcadoiro + Chegada a destino. |
| < Ant. | Seg. > |
|---|
| MC A Coruña |
| MC Compostela |
| MC Ferrol |
| MC Lugo |
| MC Ponteareas |
| MC Ourense |
| MC Vigo |