| - |
|
|
|
O vindeiro sábado 27 de setembro celébrase a 2ª Masa Crítica Galega en Ferol.
Achegaranse ciclousuarios e ciclousuarias de toda Galicia na que se
pretende sexa unha xornada lúdico-reivindicativa onde defender que
outra forma de movérmonos é posíbel!.
A Masa Crítica é unha "coincidencia organizada" de ciclousuari@s que realizan un paseo colectivo pola cidade. Este evento celébrase mensualmente en máis de 350 cidades de todo o mundo, baixo o lema "Pedaléa todolos días, celébrao unha vez ao mes" Comezou en San Francisco (EE.UU) no ano 1992 a partires dunha xuntanza da SF Bike Coalition,Chris Carlsson propuxo que posto que había moita xente pedaleando polo centro e que as condicións para facelo eran realmente malas, por qué non quedar unha vez ao mes, facersnos visíbeis entre nos mesmos e ao resto da cidade e voltar a casa todos/as xuntos/as?. A idea aceptouse rápidamente e na primeira "quedada" xuntaronse 60 a tras un ano eran máis de 600. En Galicia celébranse nas seguintes cidades:
A masa crítica galega do 27 supón o segundo encontro a nivel galego de ciclousuarios e ciclousuarias , organizado neste caso polos participantes da Masa critica de Ferrol. O anterior foi en Compostela. A saída desta II Masa Crítica Galega será o 27 de setembro ás 12:00 dende o peirao de Cruxeiras con este percorrido
Ao remate do mesmo, os e as participantes faremos un xantar colectivo no Parque da Casa do Patín. Pola tarde haberá unha mesa redonda sobre mobilidade e remataremos con xogos populares e música. Agardámoste! |
| < Ant. | Seg. > |
|---|
| MC A Coruña |
| MC Compostela |
| MC Ferrol |
| MC Lugo |
| MC Ponteareas |
| MC Ourense |
| MC Vigo |
Se queres enviar unha foto, un texto, unha denuncia, un artigo, unha ligazón ou calquera outro documento para colgar na web podes facelo escribindo ao Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver .