Xuntanza monográfica sobre a "Proposta de creación dunha asociación de biciusuarios en Ourense".
Resumimos aquí os comentarios e decisións da xuntanta do pasado xoves 10 de setembro en Ourense.
Estabamos alí 5 persoas.
Comentamos as razóns polas que xurde a proposta:
-
Necesidade de transmitir as propostas dos biciusuarios de Ourense aos
representantes políticos (Plantexábase a proposta de pedir unha
xuntanza cos concelleiros do "ramo" para ver as medidas a prol da
bicicleta que se poden tomar en Ourense.)
-
Visibilizar socialmente ao colectivo de biciusuarios a través dos
medios de comunicación. (confúndese a Masa Crítica con un colectivo,
cousa que non é tal).
- Realización de actividades relacionadas con unha mobilidade sostible máis alá da Masa Crítica.
Plantexamos 2 posibilizades:
1.- Crear unha coordinadora de asociacións - plataforma ou algo así que trate o tema da mobilidade sustentable.
2.- Crear unha asociación nova.
Decídese tirar pola segunda opción, sobre todo por duas razóns:
-
Unha asociación nova é máis sinxela de constituir e ten a entidade
xurídica que necesitamos agora mesmo para presentarnos diante dos
representantes políticos.
-
Unha asociación nova na cidade pode atraer específicamente a
biciusuarios que non están vinculados con ningunha outra organización
pero que si coinciden coas reclamacións esenciais da organización.
Tería esta función que nunha "coordinadora" non tería lugar.
Dito isto, xurden de novo duas opcións:
- Crear unha asociación de 0
- Crear o grupo de Ourense de "Mobiliza - Asociación por unha mobilidade responsable".
Explicarvos esta segunda opción:
Falando
coa xente de A Coruña que dinamizan a Masa Crítica alí nos comentan que
eles crearon en decembro pasado unha asociación por razóns semellantes
as nosas e que o fixeron a nivel Galego. Isto é, que estaría haberta a
que xurdiran grupos máis alá de A Coruña. Dito isto, enviaronnos os estatutos que os podedes ver aquí:
estatutos_mobi-liza 50.15 Kb
Esta
é en definitiva a solución que en principio vemos, os que alí estabamos
onte, con mellores ollos. Por sinxeleza, pero tamén pensando no futuro,
por posible repercusión e posibilidade de traballo conxunto con outros
biciusuarios galegos.
"Mobiliza"
ten unha colaboración coa UDC pero non ten nin web, nin logo, nin nada
que vos poida enviar para que vexades como traballan. So os estatutos.
O
que compre decidir entre todas-os sería se nos interesa a proposta de
Mobiliza (eles o van a falar en Coruña tamén entre eles), e se estamos
de acordo, pois como facer.
Que pensades?
- Sería preciso que os estatutos regularan algo sobre os grupos locais?
- Sería preciso unha acta constituinte ou algún documento escrito? Un acordo, convenio, ou algo así?
Podemos poñer as opinións en común para ir avanzando e a semana que ven falamos con eles e lles facemos unha proposta, ok??
Os que alí estábades, se tendes algún comentario a maiores, este é o momento.