|
Baixar o cartel da ciclonudista
O sábado 13 de xuño celébrase a nivel mundial a VI edición da marcha ciclonusdista. Na Coruña xa van pola terceira edición e invitan a participar masivamente nesta xornada reivindicativa pero á vez festiva:
É o único xeito que coñecemos nas nosas cidades para conseguir que os
coches minoren a súa marcha e manteñan a distancia de seguridade.
Comprobado. O nudismo é un dereito, e como a mobilidade en
bicicleta, non sempre é respectado. Ten que ser reclamado, e nós
farémolo pacíficamente e cun sorriso.
Saímos de María Pita ás
12h, vestidos e vestidas, e máis adiante, fora roupa!!! arriba as
bicis. Remataremos nunha praia da cidade comendo e disfrutando dun
dereito.
Se non queres quitar a roupa podes vir igual a facer o
percorrido e a comer na praia. Hai quen pinta o corpo, quen disfraza,
en bikini, en bañador... Cantas máis bicis mellor. Vémonos o sábado 13.
Información e dúbidas sobre a marcha:
http://www.ciclonudista.net
Información sobre o nudismo (pdf): O
nudismo unha mási das túas liberdades
Comentarios e preguntas no foro:
http://www.bicis.info/foro/viewtopic.php?p=4486
Evento no Facebook: III Marcha Ciclonudista na Coruña
|