|
Un ano máis chegan as datas da Masa Crítica Galega, desta vez en Vigo.
Que é a Masa Crítica? Trátase dunha "coincidencia organizada" de
ciclousuarias/os que realizan un paseo colectivo pola cidade. Deste
xeito preténdese visibilizar o uso da bicicleta como medio de
transporte, animando ao seu uso e reclamando medidas para promocionar
este medio de transporte.
Porque galega? O movemento da masa crítica naceu en San Francisco
en 1992, e desde fai anos celébrase en diferentes cidades galegas. A
celebración desta masa crítica galega con periodicidade anual pretende
axuntar esforzos, poñer en contacto as/os diferentes cicloususarias/os,
reclamar infraestruturas de comunicación entre as diferentes poboacións,
intermodalidade con outros medios de transporte, etc. E tamén vivir
unha experiencia única coa posibilidade de unir diversión e
reivindicación, que é o motor das masas críticas en todo o mundo.
Cando? A masa crítica celébrase en Vigo o sábado 25 de setembro
de 2010 con saida dende a Praza América ás 18:30. (ver ruta). Durante todo o día haberá
actividades paralelas.
Ciclousuari@s de A Coruña están a organizar o desprazamento en bici ate Vigo, tanto en transporte público colectivo (con parada en Compostela) como pedaleando. Neste último caso farase en tres etapas, saíndo o 23 dende Coruña e chegando o 25 á mañán a Vigo.
Podeste apuntar a calquera destas opcións premendo aquí
Anímate a participar desde evento único! Porque a bicicleta é o futuro! Usa a bici!
Manterémosvos informados das novidades arredor deste evento.
|
|
|
|
|
Os concellos de Cambados, Meis e Ribadumia redactaron o borrador
conxunto dun convenio de colaboración entre institucións para a xestión e
promoción do centro BTT do Salnés. A intención é a implantar na comarca un novo produto turístico baseado
nos paseos en bicicleta todoterreo pola marxe do río Umia. Crearase a
marca C BTT Meis-O Salnés e entre os tres concellos inmersos no proxecto
achegarán un total de 10.000 euros para mellorar a calidade deste
destino turístico, a sinalización, a promoción e o desenvolvemento do
plan.
|
|
Ler máis...
|
|
|
A Marcha Ciclonudista Internacional chega a Galiza un ano máis. Este sábado 12 de xuño ás 12h sairá da Praza de María Pita (A Coruña) nun festivo percorrido polas rúas da cidade. Porque a bici é un medio de transporte que nos libera, liberémonos tamén das nosas roupas!
|
|
Ler máis...
|
|
|
Programa emitido por TV3 no seu programa "Que, qui, com" , explica por que a bicicleta é a máquina perfecta. Consome 40 veces menos que o coche e a súa fabricación aforra 100 veces máis enerxía que o automóbil. É tamén o medio de transporte urbano máis rápido en distancias inferiores ao 8 km. E, ademais, o seu uso é saudable.
|
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>
|
| Resultados 1 - 9 de 144 |