Skip to content

Bicis.info

Unha biciestrada de catro carrís en Suecia?

Ese é o plan da Swedish Traffic Authority para unir a terceira cidade sueca en tamaño, Malmo coa vila de Lund, a 20 km de distancia.O estudo e os planos xa están preparados. Tan só falta que o goberno poña os cartos. A "biciestrada" descorrerá en paralelo ás vías do ferrocarril e constará de catro carrís (dous por sentido), dous tipos de protección contra o vento (setos e valados) e estacións de servizos para bicicletas.

Ler máis...
 
Botando a alfombra vermella para a bici

Os carrís bici en Holanda son vermellos como en moitos outros sitios. Mais hai unha diferenza, non pintan a estrada, botan asfalto vermello! Isto garante maior duración e visibilidade, marcando claramente que corresponde a cada vehículo.

 
Obxectivo EuroVelo: 70.000 km de rutas en bicicleta sen parar
"EuroVelo, a rede de vías ciclistas de longa distancia, debe incluirse na rede TEN-T ”. O pasado 15 de decembro, o Parlamento Europeo aprobou este mandato nunha resposta non lexislativa ao Libro branco do Transporte da Comisión Europea, reafirmando o voto acontecido en novembro dentro da Comisión de Transporte e Turismo.  "En 1995 tivemos a idea de desenvolver unha rede ciclista europea que debería rematarse no 2020. "Con esta esixencia aprobada polo parlamento Europea, esta idea ten dado un gran paso adiante para se converter en realidade" afirma  Bernhard Ensink, Secretario Xeral da European Cyclist Federation
Ler máis...
 
O potencial da bicicleta en materia de redución de emisións de gas de efecto invernadoiro
A Federación de Ciclistas Europeos (ECF) acaba de publicar un novo  estudo sobre o potencial da bicicleta en materia de redución de emisións  de gas de efecto invernadoiro. Este estudo cuantifíca as  emisións de gas de efecto invernadoiro que se aforrarían se se utilizase  a bicicleta en lugar doutros medios de transporte.

http://www.ladyverd.com/articulo/1934/pedalear_contra_la_contaminacion.htm

Ver estudo http://www.ecf.com/wp-content/uploads/ECF_CO2_WEB.pdf
 
1000 ciclousuari@s reivindican a bici en Vigo
 Vigo tivo que esperar ao domingo para ter un acto digno da Semana Europea da Mobilidade que, impulsada pola Comisión Europea, se celebrou durante toda esta semana. Entre 900 e 1000 bicicletas ocuparon as principais vías da cidade demostrando que a veciñanza de Vigo quere, ao igual que moitas outras cidades, gozar de espazos e infraestruturas que permitan a utilización da bicicleta a diario.
Ler máis...
 
V Masa Crítica Galega - sábado 1 de outubro ás 18:00 en A Coruña

As anteriores edicións da Masa Crítica Galega acolléronse en Santiago, Ferrol, Lugo e Vigo. Agora tócalle a quenda organizativa á masa da cidade d'A Coruña.

 A Masa Crítica Galega celebrarase saíndo o sábado 1 de outubro ás 18:00h. dende a Pza. de Mª Pita; se ben tamén hai máis actividades programadas o mesmo sábado e o venres 30 de setembro e o domingo 2 de outubro. Tamén se oferta aloxamento de balde nun polideportivo (pendente de confirmar)  para quen se achegue dende outras cidades.

 Podedes colaborar coa difusión do evento descargando o cartaz.

Cartaz V Masa Crítica Galega (A Coruña, 2011)



Máis información: no foro da masa crítica e no blogue para a ocasión: http://masacriticagalega.wordpress.com
 
Mani 25 de setembro en Vigo

Unha manifesmani-25-setembro_media.jpgtación con unhas reclamacións claras de cara ós poderes públicos. Fronte ó carácter lúdico-festivo da Masa Crítica, esta é unha manifestación como as tradicionais, pero circulando en bici. Convocan A Golpe de Pedal, Verdegaia, Conbici e ECF (Federación Ciclista Europea).

Atópanse as reivindicacións e máis información no foro da masa crítica.

 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>

Resultados 1 - 13 de 140

Publica en Bicis.Info

Se queres enviar unha foto, un texto, unha denuncia,  un artigo, unha ligazón ou calquera outro documento para colgar na web podes facelo escribindo ao Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver