Skip to content

Bicis.info

En 2014 continuan as Masas críticas por todo o país
masacrtica_para_os_problemas_de_trfico.jpg

Unha vez por mes celebramos unha masa crítica nas principais cidades galegas. Ciclousuarios de tódalas idades reúnense para pedalear xuntos convencidos de que a bici presenta claras vantaxes respecto aos medios motorizados: permite realizar actividade física, non xera contaminación acústica nin atmosférica e pacifica o tráfico facendo das rúas espacios máis humanos.

Os encontros son bastante directos: celébranse unha vez ao mes, nunha data e un lugar fixos para que a xente saiba onde e cando é. O punto de encontro sempre é coñecido e de fácil acceso para os ciclistas, e conta con espazo dabondo para que un gran número de xente se poida xuntar antes do paseo.

Compostela: Mércores 29 de Xaneiro ás 20:30 dende a praza Roxa

Pontevedra: Xoves 30 de Xaneiro ás 20:00 dende a praza da Peregrina

Lugo: Xoves 30 de Xaneiro ás 20:30 dende a praza Maior

Ourense: Xoves 30 de Xaneiro ás 20:30 dende o parque San Lázaro

Vigo: Venres 31 de Xaneiro ás 20:00 dende a praza América

A Coruña: Venres 7 de Febreiro ás dende Maria Pita

 
Bicicletada pola lingua
bicicletada.jpg
 
27 abril - 1 maio. IX Congreso Ibérico A Bicicleta e a Cidade

Murtosa en Portugal será a anfitriona do IX Congreso Ibérico "A Bicicleta e a Cidade" a celebrar do 27 de Abril ao 01 de Maio, organizado pola Federación Portuguesa do Cicloturismo e utilizadores da bicicleta (FPCUB), pola súa contraparte estatal CONBICI e polo concello de Murtosa. Podedes consultar o programa provisorio e todas as novas da organización en 
http://www.murtosaciclavel.com/es/Congresso
 
O concello de Pontevedra reitera a súa aposta pola bici urbana

Ou alomenos é o que se desprende das declaracións posteriores á xuntanza da Mesa da Bicicleta de Pontevedra recollidas nunha nova publicada hoxe en La Voz de Galicia.

A celebración un domingo de abril do Día da Bicicleta cunha marcha ciclista popular, a convocatoria na primavera dun ciclo de conferencias e mesas redondas sobre o uso da bicicleta como medio de transporte, a organización de talleres prácticos sobre reparación de bicicletas, cursos para aprender a montar -para os que se aproveitarán as bicicletas do PillaBici-, ou cursos sobre condución segura na contorna urbana son as medidas anunciadas polo concelleiro do ramo, Luís Bará

Ler máis...
 
O 51,4 % dos galegos e galegas non empregan nunca a bicicleta

_dsc0047-1.jpgAsí, temos que empragan a bicicleta a diario case 3 millóns de persoas no estado mais en Galicia só o 1,4% da poboación a emprega con esa intensidade, subindo a 13,8% cando falamos de empregala unha vez á semana. En total, o 31,9% dos galegos e galegas empregaron algunha vez a bicicleta no 2011, 51,4% nunca a empregaron no 2011e o 16,7% restante tampouco mais estes últimos por non saberen montar.As principais razóns aducidas foron non ter bicicleta ou tela estropeada, non ter tempo e preferir o automóbil.

Este e outros datos de interese podémolos coñecer no Informe de resultados do Uso e Imaxe da Bicicleta 2011 elaborado pola Fundación Eca Bureau Veritas  e a Dirección Xeral de Tráfico. 

 
Maya Pedal en Guatemala
 Bicimuíño, bicilicuadora, bicibomba, bicilavadora, bicixerador . . . son só algunhas das bicimáquinas que a ONG guatemalteca Maya Pedal desenvolveu. Comezaron no ano 1997 co traballo dun grupo de canadenses da organización PEDAL  para posteriormente constituír a Asociación Maya Pedal no ano 2001. Empregan partes de bicicletas usadas para construír Bicimáquinas que dan a persoas individuais e grupos a prezos subvencionados. Apoian pequenos proxectos auto-sostibles co fin de preservar ou mellorar o medio ambiente, a saúde, a produtividade e a economía das familias das áreas rurais de Guatemala.
Ler máis...
 
Saunier Duval despraza ós seus técnicos na bici

naunier duval muda cara a bici

A empresa de manteñemento de caldeiras Saunier Duval mudou hai dous anos a práctica dos desprazamentos do seu persoal técnico cara á bici, no que é una experiencia pioneira en europa. No 2010 recibiu o premio FLSP ás boas prácticas empresariais en medio ambiente. As razóns viraron concluintes para a empresa: aforro en vehículos e rapidez ó evitar a procura de aparcadorio, benestar dos traballadores, amais dun beneficio comunitario por empregar vehículos non poluintes.

A empresa habilitou unha web para informar da súa práctica: http://www.saunierduvalnaturalmente.com

 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>

Resultados 1 - 13 de 148

facebook

Publica en Bicis.Info

Se queres enviar unha foto, un texto, unha denuncia,  un artigo, unha ligazón ou calquera outro documento para colgar na web podes facelo escribindo ao Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver